Ferrol, A Coruña, 1820 - Vigo, 1893
"Para Concepción Arenal a cuestión social constituía un problema que, para a súa resolución precisaba do auxilio da sociedade. Como muller concienciada perante todos os problemas da humanidade nun contexto histórico adverso, non perseguía utopías senón ideas que a ela lle gustaba ver materializadas e que practicou con tenacidade. Paz, Liberdade, Progreso, Xustiza e Verdade. No seu pensamento destacan o pacifismo, o humanitarismo e a defensa das mulleres, para as que reclamou o protagonismo en todas as esferas da vida social."
Un potentísimo traballo de Aurora Marco, que recolle as biografías das mulleres galegas máis representativas, ata 1975.
ResponderEliminarFelicitar ao editor, X.M.Calviño, polo seu apoio a este proxecto, -que se plasmou nunha edición de luxo-, polo seu apoio á muller e pola súa colaboración con este blog.
Parabéns a tod@s @s que participaron na elaboración deste libro. Autora, editor, pintoras, encadernador@s, maquetador@s.
Quero dedicar, especialmente, a entrada deste blog, a todas as persoas que onte, 8 de marzo de 2018, saíron á rúa en Galicia e en toda España,a loitar polo mesmo que loitou esta pioneira, Concepción Arenal, séculos atrás.
E a unha muller, a unha amiga, a unha persoa moi traballadora e alguén con quen contar nos malos momentos: á maquetadora Isabel LLantada, pola súa vida independente e pola súa excelente carreira profesional.
Graciñas a tod@s :).