"... Por iso, cando finalmente deixaches de respirar para descansar como merecías, non me sentín baleira, aínda que era consciente do irreparable da túa perda, porque te incorporaches ao meu xenoma e ao meu fluxo sanguíneo, porque ao teu lado aprendín a encaixar o fracaso, aprendín a esperar pacientemente, aprendín que a lei natural non ten nada que ver coa xustiza, que os bos non sempre gañan, aprendín que só se perde aquilo do que un se desprende e que se conserva o que se retén e que, despois da dor, do choro incontido, da pena infinita e da rabia polo irremediable, se pode convivir coas presenzas que se manteñan vivas na memoria."
No hay comentarios:
Publicar un comentario