lunes, 13 de enero de 2025

Cráter

" ...porque paso por diante da túa casoupa en ruinas

e parece que aínda espero que a memoria extinta dunha aldeá

que usou o teu nome

pra pasar tanta fame

se asome a esa fiestra verde

e me acene coa man para confirmar que existo."


                                    Olga Novo

                                    Kalandraka Editorial

2 comentarios:

  1. A poesía de Olga Novo ule a maquinaria agricola, a familia, a piñeiro, a veciñanza, a sexo e a agro; todo iso tratado cun profundo amor, como quen acariña ao seu porco por derradeira vez e chora por él antes de matalo, para ter comida ese ano.
    Son poemas vivos, feitos de agarimo e observación profunda de lazos que unen a persoas de maneira invisible ata despois de mortas.
    A poesía de Olga Novo é rural, morna e saudable, coma o aire fresco da aldea de Vilarmao, que a viu medrar sen libros, entre cans e vacas.

    ResponderEliminar
  2. Falla fan valentes coma Olga que fagan valer a poesía dos lugares aos que poucas veces se regresa por vergoña...
    A natureza habitada desaparece coa nosa connivencia de urbanitas afirmando a cidade como única realidade, mentres cremos avanzar navegando sobre artificios.
    Grazas, Su.
    Viva o arrecendo aínda vivo do rural!

    ResponderEliminar