"Xa me gustaría a min. O problema é que non é fácil escribir cando un é dun sitio tan anodino coma este nun tempo tan aborrecido coma este -dixo moi serio-. Ogallá vivise no París do século XIX, coma Baudelaire, ou na Lisboa de principios do XX, coma Pessoa, ou no de Ourense de Blanco Amor, ou na Colombia dos anos 60 coma García Márquez, ou na Alexandría de Kavafis..., daquela quen sabe do que tería sido eu capaz? Porén, galego e hoxe en día, que diaños podo escribir que teña algo de xeito?"
Sobre a aventura de escribir e autoeditar, dicir que souben de Carlos Meixide no Culturgal, hai un par de anos, cando promocionaba algunas das súas obras, de entre as que lembro tamén a de Guitiriz. Escollín esta pola ilustración da cuberta e pola historia, que él me adiantou: una parella de holandeses (Inge e Robbie), en crise, de viaxe por Santiago de Compostela.
ResponderEliminarSobre a canción de Barrio Sésamo... hai que ler o libro para entendelo!