"Que as nenas canten Non son fada para min é o orgullo máis
grande. Pensar que puiden axudar dalgunha maneira a que unha nena se
plantee temas como a igualdade, ou a xustiza en xeral: de xénero, de
raza, de idioma, do que sexa, é o máis que podo pedir. Que abran as súas
mentes a todo iso dáme, ademais, esperanza en que sexan adultas que
cuestionen, que critiquen, que loiten polos seus dereitos. Ese é o pago
máis valioso que podo ter polo meu traballo."
Por Montse Dopico
Praza Pública Venres, 29 de decembro de 2017
Sés é unha jerrilleira berjantiñana ;). Con voz, con cerebro, con discurso e cunha potentísima presencia escénica. Teño algún dos seus discos, pero aínda mellores, moito mellores, son os seus directos.
ResponderEliminarSés, préstame ;).