Textos: Rosalía de Castro Ilustracións: Miguel Robledo
Hai nas ribeiras verdes, nas risoñas praias
e nos penedos ásperos do noso inmenso mar
fadas de estraño nome, de encantos non sabidos
que só con nós comparten o seu plácido folgar
Costureiriña
do carballal,
colle unha agulla,
colle un dedal
Dádeme os vosos perfumes lindas rosas
da sede que me abrasa, claras fontes,
apagade o queimor...
De todas as reinterpretacións gráficas que se teñen feito da imaxe de Rosalía de Castro, a de Miguel Robledo (para Punto e coma ;) é, sen dúbida, a que máis me gusta. E coa que me quedo.
ResponderEliminar¿Por qué? Porque hai ousadía, delicadeza, bo gusto, porque hai beleza. Porque se arrisca, sen que o resultado me 'chirríe'. E porque penso que achegará a figura de Rosalía, a novas xeracións que a poidan considerar desfasada.
Tamén porque é un bo traballo, a nivel físico. As libretas están ben encadernadas (en rústica e papel de cadriños), porque o papel das postais é coma encerado, moi agradable ao tacto e porque me encanta que se recupere o uso destas, sexa para enmarcalas ou para envialas por correo e xa de paso, amosarlle ao mundo que estes dous, Rosalía e Miguel, foron feitos en Galicia ;).
Tamén hai pósters, puzzles... non só en Punto e Coma ; (a quen agradezo a súa colaboración con este blog, así como tamén a de Miguel), senón en mogollón de librarías. Preguntade.
E se podedes, mercade :).
Muchas Gracias por la recomendación , estaba yo buscando un regalo original así que ya arregle y cerca de casa, je,je.Por lo cual fantástico.
ResponderEliminarGenial. Vas a flipar con Punto e coma;. Es un lugar maravilloso¡!¡
ResponderEliminarDeu traballo pero pagou a pena,
ResponderEliminarmoitas grazas polo post! ^__^
"Vaia", como diría ¿Arale? :). Isto si que non o esperaba. Graciñas polo comentario Miguel. Porque sube o nivel, Maribel ;).
ResponderEliminarA entrada foi MOI vista, así que parabéns pola parte que che toca, co permiso de Rosalía... pero é que os vivos tamén precisan de eloxios.
O que máis me gusta de todo é a cara que van poñer os meus indiscretos colegas, os mesmos (e MESMAS) que te sinalan pola rúa co dediño para dicirme: "mira Su, ese de ahí es Miguel Robledo, ha, ha, ha." " Vale, vale, ahora que lo sé ya me puedo morir tranquila, ja, ja, ja... no hace falta que le clavéis el dedo en el corazón... que se va a coscar..."
Voullo espetar nos fociños (e fociñas). Para que se lles meta dentro que cando fas cousas, ás veces, pasan cousas. Boas :).
Moi agradecida, de verdade, por todo.
E por certo, a cidade de Ourense vista a través das túas ilustracións... mellora!!. Que me esquecín de comentalo ;).