"-Como é iso de que lle envían as fotos a Bieito?
-Mándanllas por mail e logo el encárgase de subir ao blog a que máis lle guste.
-Vale, iso xa o entendín. Referíame a por que. Por que o fan. O blog non era cousa túa?
Alda encolleuse de ombros.
-El entende máis. Sabe que foto é boa e por que e cal non. Xa sabes, é o seu traballo.
-Pero... Navia comezou a contar cos dedos-. Se te maquillan, te peitean, che elixen a roupa e che sacan as fotos... que é o que fas ti?
Alda mirouna con cara rara:
-Estar. Non che parece suficiente?