"-Como é iso de que lle envían as fotos a Bieito?
-Mándanllas por mail e logo el encárgase de subir ao blog a que máis lle guste.
-Vale, iso xa o entendín. Referíame a por que. Por que o fan. O blog non era cousa túa?
Alda encolleuse de ombros.
-El entende máis. Sabe que foto é boa e por que e cal non. Xa sabes, é o seu traballo.
-Pero... Navia comezou a contar cos dedos-. Se te maquillan, te peitean, che elixen a roupa e che sacan as fotos... que é o que fas ti?
Alda mirouna con cara rara:
-Estar. Non che parece suficiente?
Unha novela sobre o maltrato e a violencia contra as mulleres. Son dúas historias que se entrecruzan. Unha, protagonizada por unha rapaza de orixe humilde e campestre que casa cun xornalista de mellor posición que a maltrata, a comezos do s.XX e outra, a comezos do s.XXI, protagonizada por unha influencer e a súa relación tóxica co seu marido. Notei quizais un certo toque de inmadurez na primeira metade da novela; o certo é que a autora é moi nova. Pero tamén é certo que lle deron un premio. Así que, a calar e a ler.
ResponderEliminarO premio foi o Illa Nova de Narrativa, no 2018.
ResponderEliminarDel 91...treinta años ya...el último gran año del rock como fenómeno sociólogo...y el primer Tour de Indurain 😊😊😊 que gran año...😍😍😍
ResponderEliminarYo lo recuerdo como el año en que empezó la Guerra del Golfo :(
EliminarCierto , recuerdo aquellas aves llenas de petróleo que no conseguían volar.😔😔😔 , Un desastre total ...
ResponderEliminarMe acabo de enterar que presentó la novela en la biblioteca de Ou hace un par de semanas 😅😅😅
ResponderEliminar