"A miña nai non entrou en ningunha daquelas tabernas do barrio na vida, e iso que era unha muller traballadora no mercado, como xa dixen, e unha muller afouta, pero alí ela non entraba. Porque aquel territorio era dos homes. E as mulleres do meu barrio, que non eran señoritas, senón que traballaban dende primeiras horas da mañá ata as tantas e enzoufaban as mans coma os homes empuñando machados, coitelos perigosísimos, andaban a correr, sen sacar o mandil de traballo, para ir á cociña e fritir uns bistés que meterlle na boca aos fillos e ao marido porque unha señora da súa casa tenlle o xantar listo ao seu home, que vén canso e, probablemente cabreado a saber por que."
Mostrando entradas con la etiqueta Editorial Galaxia. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Editorial Galaxia. Mostrar todas las entradas
lunes, 28 de agosto de 2023
Isto SI é un home. Unha mirada masculina contra o patriarcado.
Etiquetas:
Editorial Galaxia,
Feminismo,
Francisco Castro,
homes,
nomelibro nilointento,
patriarcado
viernes, 14 de abril de 2023
Vento ferido
"Sentíu os labios dela que se pousaban nos seus. Foi como un trallazo. Unha ledicia branca nacíalle dentro do corazón."
Etiquetas:
Carlos Casares,
Editorial Galaxia,
nomelibro nilointento,
vento ferido
martes, 30 de noviembre de 2021
Senlleiras
"-Como é iso de que lle envían as fotos a Bieito?
-Mándanllas por mail e logo el encárgase de subir ao blog a que máis lle guste.
-Vale, iso xa o entendín. Referíame a por que. Por que o fan. O blog non era cousa túa?
Alda encolleuse de ombros.
-El entende máis. Sabe que foto é boa e por que e cal non. Xa sabes, é o seu traballo.
-Pero... Navia comezou a contar cos dedos-. Se te maquillan, te peitean, che elixen a roupa e che sacan as fotos... que é o que fas ti?
Alda mirouna con cara rara:
-Estar. Non che parece suficiente?
Etiquetas:
Antía Yáñez,
Editorial Galaxia,
Senlleiras
lunes, 30 de marzo de 2020
New York, New York
"...e imaxinarei, como sempre fago, no que irán pensando detrás do silencio esas persoas que sentan e escoitan música, ou que van de pé e miran o chan debuxando un sorriso; ou esa xente que, simplemente, me mira a min, tentando imaxinar que penso eu..."
Etiquetas:
Editorial Galaxia,
Inma López Silva,
New York New York
viernes, 22 de enero de 2016
Futuro imperfecto
"... Por iso, cando finalmente deixaches de respirar para descansar como merecías, non me sentín baleira, aínda que era consciente do irreparable da túa perda, porque te incorporaches ao meu xenoma e ao meu fluxo sanguíneo, porque ao teu lado aprendín a encaixar o fracaso, aprendín a esperar pacientemente, aprendín que a lei natural non ten nada que ver coa xustiza, que os bos non sempre gañan, aprendín que só se perde aquilo do que un se desprende e que se conserva o que se retén e que, despois da dor, do choro incontido, da pena infinita e da rabia polo irremediable, se pode convivir coas presenzas que se manteñan vivas na memoria."
Etiquetas:
Editorial Galaxia,
Futuro imperfecto,
Xulia Alonso Díaz
martes, 25 de agosto de 2015
Genet Faílde Dominguez lee y comenta A Esmorga, de Eduardo Blanco Amor.
(acceder a subtítulos en gallego)
Lee y comenta (abajo): Genet Faílde Dominguez.
Pra os que non a conhezan, esta obra , escrita en 1959, pertence a Eduardo Blanco Amor, autor que como moitos outros exiliase cara Suramèrica co comezo da guerra civil.
A historia desenvòlvese na vila ourensà de Aurea e està protagonizada por Juan Farinha, (conhecido como o Bocas), Eladio Vilarchao ( ou tamèn o Milhomes, Setesaias ) e Cipriano Canedo ( Cibràn). Estes tres personaxes encòntranse na rùa e comeza asì a sùa esmorga. A esmorga è pra eles un xeito de desvanecerse da realidade. Asì è como llo explica Cibràn ao xuiz.
Cibràn sìntese perseguido polo "pensamento", unha especie de remordemento ou coinciencia que lle aparece cando fai algo que non deberìa ou està preocupado por algo ou alguèn. E que às veces ese "pensamento" è tan grande e que o ùnico remedio que atopa è a bebida. Este pensamento, a diferencia dos outros personaxes, (creo eu ) dalle a Cibràn unha faceta màis humano ante situaciòns desesperadas ou tràxicas. O feito de que lle apareza o pensamento significa que el mesmo arrepìntese do que fai ou que vai facer algo que "cre" que non debe facer pero acaba por autoconvencerse e autoxustificarse a si mesmo de que è o mellor. Con todo isto quero dicir que como Cibràn, nòs temos como dùas caras, unha a conveniencia e outra, a coinciencia.
Etiquetas:
A Esmorga,
colaboración agosto,
Editorial Galaxia,
Eduardo Blanco Amor,
Genet Faílde Dominguez,
graciñas
Suscribirse a:
Comentarios (Atom)