jueves, 8 de marzo de 2018

Elas

Ferrol, A Coruña, 1820 - Vigo, 1893

"Para Concepción Arenal a cuestión social constituía un problema que, para a súa resolución precisaba do auxilio da sociedade. Como muller concienciada perante todos os problemas da humanidade nun contexto histórico adverso, non perseguía utopías senón ideas que a ela lle gustaba ver materializadas e que practicou con tenacidade. Paz, Liberdade, Progreso, Xustiza e Verdade. No seu pensamento destacan o pacifismo, o humanitarismo e a defensa das mulleres, para as que reclamou o protagonismo en todas as esferas da vida social."

1 comentario:

  1. Un potentísimo traballo de Aurora Marco, que recolle as biografías das mulleres galegas máis representativas, ata 1975.

    Felicitar ao editor, X.M.Calviño, polo seu apoio a este proxecto, -que se plasmou nunha edición de luxo-, polo seu apoio á muller e pola súa colaboración con este blog.

    Parabéns a tod@s @s que participaron na elaboración deste libro. Autora, editor, pintoras, encadernador@s, maquetador@s.

    Quero dedicar, especialmente, a entrada deste blog, a todas as persoas que onte, 8 de marzo de 2018, saíron á rúa en Galicia e en toda España,a loitar polo mesmo que loitou esta pioneira, Concepción Arenal, séculos atrás.

    E a unha muller, a unha amiga, a unha persoa moi traballadora e alguén con quen contar nos malos momentos: á maquetadora Isabel LLantada, pola súa vida independente e pola súa excelente carreira profesional.

    Graciñas a tod@s :).


    ResponderEliminar