"Pregunteille a papá cal fora a miña primeira palabra e quedou calado un tempo longo, e despois díxome que non se acordaba ben, que seguramente fose algunha desas -mamá, auga, pan- e daquela decateime de que hai moitos recordos de min que mamá levou con ela."