"Quero rir.
Quero rock and roll nos tanatorios.
Quero voar en cadeira de rodas.
Quero un carballo para poder durmir debaixo contigo.
Quero cursiños de galego poscoital.
Quero que a terra xire a toda hostia.
Quero poetas nas redacccións dos periódicos.
Quero desexos inocuos.
Quero un saco de durmir xuntos.
Quero que me ispas despacio que teño présa.
Quero ir de viaxe cun coche de choque.
Quero responder sempre con outra pregunta.
Quero beber cando chegue o pánico.
Quero querérmonos.
Quero querer.
Antón Reixa
Centro Galego de Arte Contemporánea