Mostrando entradas con la etiqueta diseñatas. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta diseñatas. Mostrar todas las entradas

lunes, 17 de noviembre de 2025

Poesía en Gaza. Resultado do Obradoiro cartonero solidario en Manteca y Canela (Vigo, 29 de novembro)

Faise saber que:

O día 29 de novembro, a agrupación Coser a ferida (A Coruña) e a editora cartonera Nomelibro Nilointento, realizaremos, en dúas quendas (de mañá, de 10 a 12h e de tarde, de 16 a 18.30h), un obradoiro, que consistirá en coser o libro Un sexto dedo en cada man, do poeta palestino Nasser Rabah, pintar a súa cuberta e encadernalo, en definitiva. O custo do obradoiro é de 12 euros. Cada participante levará o seu poemario (traducido ao galego pola escritora Emma Pedreira) para casa. Os cartos recibidos serán doados íntegramente a Nasser, que na actualidade vive nun campo de refuxiados, en Gaza.

Coedita tamén en galego, a editora brasileira Vento Norte Cartonero, que, a súa vez se encarga da maquetación deste traballo.

Existe a posibilidade de colaborar sen intervir directamente no obradoiro, adquirindo un poemario (12 euros), xa encadernado e cuxas portadas foron decoradas por Diseñatas, o equipo de deseño gráfico e artes plásticas da Fundación Igualarte.

Para inscribirse, só hai que escribir a Mercedes, que organiza e cede o seu local Manteca y canela (Jaime Balbes, 2), en Vigo, ao seguinte enderezo: encajaypapel@gmail.com e aparecer o día 29, nese local, dispost@s a desfrutar dun día colorido e solidario.

Agradecemos a vosa participación e pregamos máxima difusión.

                                                               E así foi o día:



                                                                       






A escritora Emma Pedreira,
tradutora do poemario de Nasser Rabah ao galego.
















                                   Grupiño de tapas deseñadas e pintadas polo grupo Disenhatas
                                                            da Fundación Igualarte.



              Graciñas a tod@s por participar e colaborar nesta causa solidaria.