Faise saber que:
O día 29 de novembro, a agrupación Coser a ferida (A Coruña) e a editora cartonera Nomelibro Nilointento, realizaremos, en dúas quendas (de mañá, de 10 a 12h e de tarde, de 16 a 18.30h), un obradoiro, que consistirá en coser o libro Un sexto dedo en cada man, do poeta palestino Nasser Rabah, pintar a súa cuberta e encadernalo, en definitiva. O custo do obradoiro é de 12 euros. Cada participante levará o seu poemario (traducido ao galego pola escritora Emma Pedreira) para casa. Os cartos recibidos serán doados íntegramente a Nasser, que na actualidade vive nun campo de refuxiados, en Gaza.
Coedita tamén en galego, a editora brasileira Vento Norte Cartonero, que, a súa vez se encarga da maquetación deste traballo.
Existe a posibilidade de colaborar sen intervir directamente no obradoiro, adquirindo un poemario (12 euros), xa encadernado e cuxas portadas foron decoradas por Diseñatas, o equipo de deseño gráfico e artes plásticas da Fundación Igualarte.
Para inscribirse, só hai que escribir a Mercedes, que organiza e cede o seu local Manteca y canela (Jaime Balbes, 2), en Vigo, ao seguinte enderezo: encajaypapel@gmail.com e aparecer o día 29, nese local, dispost@s a desfrutar dun día colorido e solidario.
Agradecemos a vosa participación e pregamos máxima difusión.
E así foi o día:
![]() |
| A escritora Emma Pedreira, tradutora do poemario de Nasser Rabah ao galego. |

















!Un taller genial! Poesía, arte, encuadernación, apoyo a una causa humanitaria, gente estupenda. !Algunos hicieron verdaderas obras de arte en sus tapas!
ResponderEliminarEl poemario es precioso, texto e ilustraciones, que será un muy buen regalo de Navidad ;-p !Gracias Su y Mercedes!
Muchas gracias por tu participación, tu contribución a la causa y tu alegría!
EliminarPrecioso, si señor 🥰🥰🥰
ResponderEliminarMágoa non poder acompañarvos!!! Cago nas tarefas do Nadal e, de paso, no traballo de última hora...
ResponderEliminar