Mostrando entradas con la etiqueta Ir Indo Edicións. Mostrar todas las entradas
Mostrando entradas con la etiqueta Ir Indo Edicións. Mostrar todas las entradas

jueves, 17 de mayo de 2018

Aglaio

"< cat esglaiar < oc esplaiar 'asustar, aterrar'  
cast: aglayo

s m Sensación de sorpresa que produce algo marabilloso.

SIN: abraio, asombro, estupefacción, estupor, pasmo "






domingo, 13 de mayo de 2018

A palabra do ano. Sorteo :)

Achégase o Día das Letras Galegas (17 de maio).

Así que imos xogar a este xogo: propoñer unha palabra, en galego
(tamén vale o castrapo), como palabra do ano
(eu fareino o día 17).

En 2017 foi afouteza. Sei que podemos mellorala ;).

Condicións do sorteo:

-Deixar un comentario, é dicir, a vosa proposta de palabra, nesta entrada (abaixo).

-Identificarse con nome e apelidos (se non queres facelos públicos, enviádeme unha mensaxe a nomelibro@outlook.es). Pero a palabra, ten que saír nos comentarios desta entrada.

-Se a vosa palabra aparece no Digalego (preme para consultar) conta como dúas participacións.

-Difunde (non é imprescindible) a quen lle poida interesar. Graciñas :)))).

-O envío postal, só se realizará dentro de Galicia.

- O sorteo péchase o día 17 de maio ás 23:59 horas.


Premio:

Enciclopedia Galega Universal

É a miña pequena homenaxe ao editor Bieito Ledo Cabido.
Á editorial Ir Indo. E a tod@s @s que traballamos nese proxecto.


O resultado do sorteo sairá no blog ao longo
do mes de maio de 2018.
:))))))))