Peldaño a peldaño

domingo, 14 de diciembre de 2025

Terceiro obradoiro solidario cartonero. Lar de sopas (Vigo). 13 de decembro de 2025.

Celebrouse un novo encontro solidario en Vigo, no centro social Lar de sopas, no cal tivo lugar a decoración das cubertas de cartón e a encadernación cartonera do poemario Un sexto dedo en cada man, do poeta palestino Nasser Rabah, que vive nun campo de refuxiados en Gaza e ao que se doará todo o recaudado neste día.  A tradución dos seus poemas ao galego é de Emma Pedreira. Edita a agrupación Coser a ferida e Nomelibro Nilointento Cartonera. Coedita, desde o Brasil, Vento Norte Cartonero.

Nuns días, publicarase o xustificante da doazón a Nasser neste mesmo blog e no facebook e instagram de Nomelibro Nilointento. 

Graciñas a todas as persoas asistentes pola vosa contribución  á causa e por fiarvos.

















                               






















domingo, 7 de diciembre de 2025

Obradoiro cartonero solidario con Gaza. A Coruña, 5 de decembro. Na Asociación Cultural Alexandre Bóveda.

A agrupación Coser a ferida e Nomelibro Nilointento Cartonera, organizamos de novo un obradoiro cartonero solidario, no que se pintou e encadernou o poemario do poeta palestino Nasser Rabah, Un sexto dedo en cada man, traducido o galego pola escritora Emma Pedreira. Todas as persoas asistentes puideron levar o seu libro de poemas en troques dunha dozaón de 12 euros, que será destinada íntegramente ao poeta, que actualmente vive nun campo de refuxiados en Gaza.

Graciñas por participar e pola vosa confianza.

 
Inma Doval, da agrupación Coser a ferida, 
le o poema Agora que rematou a guerra, de Nasser Rabah
namentres se celebra o obradoiro.